Español

OPCIONS
Portada
Guía turística
Festas
Servizos
Novas
Casa da Cultura
Pavillón de deportes

Parque empresarial

Xestión de proxectos
Contacto e consultas
 
PUBLICIDADE
FIESTAS DE INTERES, FERIAS Y ROMERIAS
 

O ENTROIDO | Entre Febreiro e Marzo.
DOMINGO FARELEIRO
Tres semanas antes do Domingo de Entroido, a festa sae á rúa, os xoves provense de fariña e tinguen de Branco ao primeiro que lles sae ó paso (símbolo da fariña como elemento purificador). Esta costume, que ten fondas reminiscencias de ancestrais ritos purificadores, foi desaparecendo das entroidadas europeas, manténdose en moi contadas localidades entre as que se inclúe Xinzo, sendo a única que lle dedica un día propio. As fareladas son a broma fundamental, a rutura das normas habituais de convivencia, a entrada nun tempo de transgresión, sinálase aquí coa cor branca.
 
DOMINGO OLEIRO
Constitúe unha singularidade desta vila, o xogo das olas non pertence na súa orixe ó ciclo de entroido e hai datos da súa existencia noutrora, en distintas datas, en Santiago ou vilas coma Marín e Alariz e tamén certas localidades da Península, incluída Portugal, onde os nosos viziños chamábanlle “joco da pucarinha”. O xogo das olas ten lugar de celebración na Praza Mayor do Concello, onde os xoves en círculos rachan de feito regular e cruzado, unha ola tras outra que en ocasións vai chea de viño, auga, fariña, confeti ou golosinas. A laguen que lle cae a ola e se rache, terá que sufri-las burlas do público e pagar unhas botellas de viño para os amigos, actualmente neste xogo sólo participan os homes, pero neutros tempos, tamén xogaban as mulleres, o xogo ten en Xinzo esta data específica.
 
DOMINGO CORREDOIRO
Unha semana antes dos tres días da festa do Entroido, celébrase o Domingo Corredoiro, cuio nome provén de épocas de antaño, onde os mozos empezaban a correr a festa o ir polas rúas detrás dun carro cun boneco "meco", que logo se colocaba no centro da Praza, como símbolo de rei neste tempo especial de entroido. Aparecen os disfraces e deixanse ve-las primeiras pantallas, preludio do estalido da beleza e festa que chegará nos vindeiros días.
 
AS PANTALLAS

A “Pantalla” é a máscara do entroido limiao, constituíndo o símbolo de manifestación popular máis importante, con raíces celtas marcadas según Fernández Novoa, onde o seu poder relixioso, judicial e social queda manifesto, na carauta da pantalla (o religioso); no látigo e nas vexigas hinchadas (o judicial) e na función de ordenar a festa (o social); sendo unha das escasas máscaras rurais que perviven na Europa do novo milenio. A súa saída ás rúas nestas festas chegan a sumar centos delas, o cal é ritual e tradicional.

Calzóns brancos longos, camisa branca, zapatos negros, polainas negras con cintas vermellas para atalas ás pernas, capa de seda vermella con fitas de distintas cores, pano ao pescozo, cinto con campás e axóuxeres, luvas brancas e unha ou dúas vexigas secas nas mans. Na testa, a “pantalla” propiamente dita, a que dá nome ao conxunto e que se confecciona artesanalmente con cartón duro, papeis de xornal e feltro dun chapeo clásico; úsase cola, fariña e auga morna para pegar e moldear a cara; ésta ten apariencia de diaño encarnado, con xesto amable, dende a parte traseira da testa sáelle unha especie de corno onde se debuxan símbolos asarais, animais, escudos. Por detrás coincidindo coa nuca, cólgase unha tea, e diante leva unha especie de flecos longos de cor xeralmente dourada. Si cando as “pantallas” percorren as rúas encontran a laguen que coñecen e non está disfrazado, o persiguen e obríganlle a pagar uns viños, entonces a “Pantalla” descubre a faciana para darse a coñecer, e así falar da festa.

 
DOMINGO, LUNS E MARTES DE ENTROIDO
Durante estes días, ningún viziño sae á rúa sen disfrazar. Xinzo cambia a cara por completo durante o Entroido, e este é precisamente un dos rasgos que caracterizan a festa. A xente leva preparando todo o ano os seus disfraces e carrozas, para lucilas durante estes días. En segredo, a vila transforma a súa rutina nun espectáculo popular e participativo que según os casos, reborda humor, crítica, inxenio ou beleza. Por suposto as “pantallas” impoñen a súa presencia nas vellas rúas da vila. O compoñente máis moderno e urbano da festa de Xinzo exprésase no multitudinario desfile de carrozas e comparsas que percorren a vila o martes pola tarde.
 
ENTERRO DA SARDIÑA
O Enterro da Sardiña; durante este día curas, viúvas, choronas, sacristáns, amigos e público en xeral acompañan solemnemente o enterro da sardiña na tarde do mércores de cinza. A comitiva parodia dun enterro clásico e verdadeiro, expresa a dor polo final do Entroido. Antes de queimarse unha representación do peixe, lense unhas coplas satíricas sobre temas de actualidade con preferencia polos de interese local.
 
DOMINGO DE PIÑATA
O Domingo de Piñata, ven sendo coma un derradeiro estertor do Entroido; a xente resístese a aceptar que rematou o especial tempo de festa, da burla, da máscara, e da transgresión de normas de comportamento ou vestimenta. Voltan as “pantallas” ás rúas e queda tempo para unha derradeira saída. Hai menos xente na vila e móvense as súas anchas. Ao mesmo tempo organízanse xogos na Praza Mayor para os nenos. As piñatas que os cativos ten que derrubar para acadar o seu contido (caramelos, confetis ou fariña). Empeza entonces a conta atrás para o Entroido do ano seguinte na vila galega máis entroideira.
 
O MECO
O personaxe máis entrañable do Entroido é "O Meco". Esta figura é a que se encargará de anuncia-lo fin das festas e do inverno. Unha nova estación está a punto de chegar.

"O Meco" é un monigote con forma humana elaborado a tamaño natural. Está cheo de palla, coma se de un espantallo se tratase, e vestido con roupas vellas que colgan dun pau na praza do pobo, ou dunha encrucillada. As encrucilladas, teñen un significado especial para o home galego, nelas dise que aparecen as ánimas en pena, a Santa Compaña. Será como facer participar ós mortos na festa, unha comunidade cos mortos.

Antigamente cada barrio de Xinzo tiña o seu propio Meco. Os veciños dirixían as súas burlas e escarnios cara el. Hoxe por hoxe só se colocan dous Mecos, un na praza Maior e outro no barrio de Abaixo, na praza de Oriente, un dos máis emblemáticos do lugar.

 
GASTRONOMIA
Coma en tódolos entroidos de Galicia algo moi importante constitúeo a gastronomía, Xinzo de Limia, por suposto, non se queda atrás e nos seus restaurantes atópanse os pratos típicos destes días:
- Cocido.
- Lacón con grelos.
- Cabuxo.
- Cordeiro.
- As famosas Orellas de Entroido.
- Filloas.
- Roscón...

Como algo especial pódense pedi-las famosas ancas de rá, son unha exquisitece.

© 2006 Concello de Xinzo de Limia | Deseño e programación Grupo5.com - Tódolos dereitos reservados [ Aviso legal - Política de privacidade ]