"Apenas queda unha vaga lembranza na memoria
asolagada do río do Olvido".
Levaban moitos días de dura e dilatada marcha.
Primeiro pola Lusitania enriba, dende a distante
Conímbriga, logo uliscando o sal mergullado no
aire de Portucale, e máis tarde parada e fonda
para coller novos folgos en Brácara Augusta.
Dende Bracara acordaran os viaxeiros achegarse
ata Astúrica Augusta seguindo a modema vía do
imperio que cruzaba a Gallaecia polo convento
bracarense en dirección norleste, aquela que
Antonino numerara co XVIII do seu Itinerario, e
que todos coñecían agora como Vía Nova. A pouco
de Brácara deixaran as feraces veigas do río
Cávado para mergullarse nun terreo hostil e
morriñoso.A Vía Nova subía sen desmalo por entre
cerballeiras pechas aloumiñando as abas da serra
do Xurés, alo onde o horizonte esgazaba contra
do ceo rabuñado por unhas insolitas agullas que
destacaban nos cumiais. A vía corría cara enriba
nun cento-de reviravoltas no lugár chamado Xeira,
onde o fungar do vento e o chirlo dos paxaros
invisibles que habitan as alturas do bosque
falaban do contubernio salvaxe entre o bosque
vello e a rocha núa da montaña ao descuberto.
Con non pouco esforzo chegaran a Portela do home,
aló onde remata a mundo e escomeza o ceo, por
baixo éxergabase o val do Letheo, de Décimo Xuño
Bruto.
Unha lembranza para el, para "0 Galaico", tiveran os viaxeiros imperiais ao cruzar a Ponte
Pedriña, nas Conchas, ao xeneral que nada
esqueceu no paso do Oblivionis, o río do Olvido
onde beben sen cesar os mortos, esa avidez
acuatica e necesaria para afastar ata o
derradeiro recordo desta vida terreal.

Pero ningún deles, ningunha mente humana e por
elo limitada podería chegar sequera a adiviñar a
realidade física do mundo que agora tiñan por
diante, da exultante visión que nacera de súpeto,
coma por encanto, logo de remontar o río ata a
Ponte Liñares. Dende aquel penedo elevado
observaron atónitos a lagoa e a chaira inmensa
das que tanto lles tiñan falado nos últimos
días. 0 río infemal dos medos estratéxicos
forxados nas citanias, o río "Fabulosus de
Plínio", o "Limaian" dos antigos, o Letheo dos
romanos, nutríase do mar interior máis
extraordinario que tiñan ollado na Iberia.
Había a aquelas horas cedas un bafo de humidades
que xurdía nas augas embretemadas da insólita
caldeira, e o mundo que medraba do berce
acuático definíase dende a distancia en
eufóricos compases de milleiros de voces
salvaxes, na ísla ancestral do anfiteatro
natural máis prodixioso que conformaba o Lago
Beón. Había alí nubeiros de garzas, garzotas,
ánsares, cisnes, gansos, grúas, choromicas, que
veaban os ceos ,en ínqueda confusión coas néboas
do inverno galaico; e das augas adurmecidas
subía o ecoar abrumador de alavancos, patos
clncentos e brancos, cercetas, cuchareiros,
rabilongos, negróns, medianeiros, parrulos,
mergas, brullóns. E no medio daquela fertilidade,
nas augas solermiñas da lagoa que tamén chaman
Antela, espallados na lámina verdecente das
xuncas, espadanas, lentellas, e beóns, boiaban
conxuntos palafíticos de pequenas cabanas
circulares que viñan da máis remota antigüidade,
e por entre elas surcaban as augas feraces as
sinxelas piraugas dos poboadores lacustres do
Alto Limaia.

Os viaxeiros durmiran aquela noite no FORUM
LIMICORUM, e foran arrulados nos seus sonos polo
murmurio das pólas da infinita carballeira que
espallaba na distancia ata a gran montaña de
naciente.
Cecais foi asi, ceeais non, pero o certo é que
de todo aquilo, gracias ao insaciable e voraz
apetite dos homes por dar conta da natureza
limiá, a penas xa non queda mais que unha vaga
lembranza, unha luzada na memoria asolagada do
río olvidado. De todo elo, de todo aquilo todo o
sabe, meu amigo, Xosé Luís Martínez Carneiro. A
semana pasada recibin o convite do presidente da
Expolimla Xosé A. Feijóo á quen agredecidos
estamos polo seu apoio á nosa causa do Couto
Mixto. Aínda que segundo se mire ou escoite cada
un da a versión que mellor lle cadra, o certo he
que a Expolímia, nada na mente xenerosa e
comprometida de Carlos Gómez. Xurdiu de novo
como Ave Fénix nun tempo récord, e é sen dúbida
o máis grande evento feiral de toda a raia
galega con Portugal. E como Xinzo anda da cabalo
na xeografls entre o Umia de Ponte da Barcá,
Ponte de Lima e a atlantica Viana, e as terras
montañosas do barroso portugués no Montalegre
trasmontés, ocupa unha situación privilexíada
para afondar nas relacións, sempre
enriquecedoras e prometedoras, entre Galicia e o
Norte de Portugal nesta Europe das Rexións que
unhas veces nos mima e outras nos afoga.
Cohezo moita xente da limia, das súas ilusións e
proxectos, dos seus soños e teimas, e estou
convencido de que a memoria asolagada ten que
rexurdir necesariamente para Chegar acadar todo
ise painel de obxetivos, se é con Portugal tanto
mellor. Boa fé delo son os dous magníficos
legados que nos deixau o pasado ano a xuventude
limiá. |