|
Quero darlle a benvida á
páxina oficial do Concello, na que
atopará tódolos datos que lle
poidan interesar.
Como institución pública máis cercana á
cidadanía, os concellos teñen como
principal obirga, facilitar información dos
seus servizos e actividades da forma máis áxil
e accesible. Esta páxina, constitúe un
escaparate onde mostra-las belezas da
Limia a aquelas persoas que desexan
visitarnos, e que teñen dende aquí, unha canle de
comunicación idónea para coñece-la
nosa historia, as tradicións, festas,
feiras, mercados, gastronomía..., que lle axudará
a disfrutar da Limia.
A través deste instrumento poderase acceder,
dunha maneira rápida, a tódolos departamentos
y servizos municipais, e poder
coñece-las distintas novidades do
Concello. Unha información que, sen dúbida,
require da súa complicidade para mellora-la día a
día, aportando as súas reflexións e suxerencias.
Xinzo, é un municipio moderno e aberto ó
futuro, que se enorgullece do seu patrimonio, no
que a riqueza radica, sobre todo, nas
súas xentes, abertas e hospitalarias.
Cunha presentación amena e unha actualización
permanente, os limiáns teñen entre as súas mans
un instrumento válido, para que nin sequera a distancia física, sexa un impedimento
para sentirse máis preto do seu Concello.
Estou seguro de que esta páxina servirá para que
día a día podamos seguir proxectando ese novo
impulso que lle estamos dando
a Xinzo de Limia.
Benvidos a este rincón da Limia en
Internet.
Acérquense e descúbranno. |